faro_soloO Centro de Interpretación dos Naufraxios situado no Faro Vilán divulga información da historia dos naufraxios e dos faros da Costa da Morte a través de proxeccións en vídeo, pezas reais, fotografías e paneis con visores, para finalizar cunha simulación dun recorrido polo interior da torre do faro.

Os contidos temáticos desenvólvense en sete seccións: A forza da natureza, Costa da morte: mito e realidade, Mar e naufraxios, Tipoloxías dos faros, Evolución dos faros, Os faros na Costa da Morte e O Faro Vilán.

O Centro de Interpretación xestionado pola Asociación Neria da Costa da Morte e cofinanciado pola Deputación da Coruña.

 

INFORMACIÓN ÚTIL

  • Horario luns a domingo: 11.00 a 14.00 e 15.30 a 19.00h
  • Entrada: gratuíta
  • Teléfono:  687 521 167 e 678 621 062
  • Web: www.farovilan.com