patrimonio_02_igrexaNo lugar que agora se levanta esta igrexa estivo o mosteiro bieito –os monxes negros- de Santa Mariña de Tosto, que chegou a reconstruírse dúas veces. Está considerado un dos focos máis antigos de cristianización destas terras. A situación neste lugar retirado puido estar relacionada coa cristianización dalgún culto pagán, a un elemento natural ou á fertilidade xa que Santa Mariña foi unha lendaria mártir de Antioquía que simbolizaba os cultos ás augas e favorecía a colleitas.

As vistas da costa desde aquí son espectaculares e incluso se pode identificar o cabo Roncudo, no municipio de Ponteceso.

A igrexa está detrás do monte Branco e desde aquí pódese continuar o camiño cara ao areal de Trece para ver este cautivador lugar e a duna rampante máis alta no norte de España (150 m).

A panorámica da duna desde arriba é impresionante. A area parece ouro!

Pero ollo, non hai que adentrase demasiado nin baixar cara á praia atravesándoa porque é unha paraxe protexida incluída na Rede Natura 2000!

 

MÁIS INFORMACIÓN