patrimonio_06_mamoaA mámoa é un túmulo, unha acumulación artificial de terra e pedras levantada sobre un enterramento e que, nalgúns casos, pode conter no seu interior un dolmen. Este tipo de monumento funerario foi característico durante o período comprendido entre o Neolítico e a Idade de Bronce.

A mámoa de Reira está situada enfronte das praias do mesmo nome e o seu acceso é moi sinxelo seguindo a ruta de sendeirismo PRG-158 Costa da Morte que parte da vila de Camariñas e bordea o litoral.