Ao percorrer a costa de Camariñas daraste conta de que a natureza foi especialmente xenerosa co noso concello.

A riqueza natural é un dos maiores valores de Camariñas. Gran parte da costa está baixo a protección da Rede Natura 2000 e enclaves como o cabo Vilán, foron declarados Lugar de Interese Comunitario (LIC) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA). Alí é fácil avistar gaivotas, corvos mariños,…

Cara ao oeste, nesta enseada de Trece e sobre unha da abas do Monte Branco, levántase a duna rampante máis alta de España (150 metros). Aos seus pés medran as caramiñas (Corema album). Destes arbustos, agora en perigo de extinción e que aquí teñen a maior reserva do noroeste español, procede o nome do noso municipio. Precisamente, a zona máis virxe de Camariñas atópase entre as praias de Trece e a duna rampante do Monte Branco.

Pedras antropomórficas talladas polo vento, flora e fauna endémica; praias salvaxes fronte ao océano Atlántico ou doces, mexidas pola ría, ofrecen un contraste de escenarios para ser explorado e descuberto. Sendeirismo, deportes náuticos como a vela, o kaiak de mar, os paseos en barcos, a cabalo…